A importancia da saude dental
das nosas mascotas

Clínica veterinaria A Media Lúa: a importancia da saude dental das nosas mascotas


A enfermidade periodontal é unha patoloxía que consiste no depósito de placa bacteriana nas pezas dentais progresando á inflamación das encías. Isto dará lugar a molestias que provocarán, tanto en cans como en gatos, que deixen de comer e incluso lle cambie o seu ánimo. Neste artigo informámosvos sobre esta enfermidade en animais domésticos, e da importancia de facer revisións frecuentes da cavidade oral.


Causas

A cavidade oral é unha zona onde residen bacterias habitualmente pero o problema comeza cando hai un sobrecremento desas bacterias. Primeiro comeza a formarse placa dental e, se non se trata a tempo, radica en periodontite e xinxivite. Trátase dun proceso que non é reversible pero si que se pode impedir que vaia a máis.

  • A idade de aparición varía desde mascotas xóvenes a máis maiores, sendo nestes últimos máis común.
  • Existe predisposición racial (Yorkshire Terrier) e tamén inflúe o pH da saliva de cada paciente en concreto.
  • O sistema inmunitario tamén é un factor importante a ter en conta, sobre todo en gatiños inmunodrepimidos, onde son moi comúns as xinxivites por Calcivirus.

Síntomas

O primeiro que imos a percibir é o mal alento da nosa mascota (hialitose), enroxecemento de encías, cambio de coloración dos dentes, dificultade para masticar alimento seco, babeo e nos casos máis complicados, anorexia e apatía.


Diagnóstico

Ante a dúbida de que o noso pequeno teña algunha alteración dental, o mellor é visitar ó veterinario para que faga unha correcta exploración.

Nunha primeira visita valorarse de forma xeral toda a cavidade oral, valorando tódalas pezas en conxunto, a cantidade de sarro e a extensión da infección.

En casos máis complexos, e nos que o animal esté moi dolorido, a mellor opción sería sedar para explorar e realizar radiografías.


Tratamento

Ó inico da enfermidade periodontal o máis importante é evitar que avance e controlar o depósito da placa bacteriana facendo un cepillado diario, por exemplo.

En fases máis avanzadas, onde a inflamación sexa maior, o máis probable é que precise dunha limpeza quirúrxica que se fai baixo anestesia xeral. Nestes casos, valorase, asimesmo, a extración de pezas dentais infectadas.

A maiores disto, tamén se debe dar antibiótico oral para evitar a diseminación da infección a resto de órganos, como corazón, ril ou fígado.


Prevención

Este punto é moi importante a ter en conta e os propietarios teredes un papel fundamental.

  • A alimentación diaria debe estar basada en pienso seco e non dar comidas blandas.
  • Tampouco se deben dar produtos moi doces.
  • Crear un hábito de cepillado diario tamén axuda a prevención da acumulación de placa bacteriana así como dar premios específicos para problemas dentais.

Todo isto, unido a revisións frecuentes no veterinario para revisar a cavidade oral, axudan a manter a saúde dental.

AddThis Social Bookmark Button