Aspectos importantes sobre
a nutrición en mascotas

Clínica veterinaria A Media Lúa: Nutrición en mascotas


A nutrición é un dos factores fundamentais da saúde e do benestar animal posto que, a través dela, os nosos pequenos reciben tódolos nutrintes necesarios para cubrir as súas necesidades diarias. De seguido comentamos os aspectos que tódolos donos deberíades coñecer acerca da nutrición en mascotas.


FACTORES

Ainda que pensemos que todos poderían comer o mesmo tipo de alimento, existen factores que fan que iso non sexa así:                                 

  • Especie: ainda que o can e o gato sexan mamíferos, son especies diferentes polo que o seu sistema dixestivo ten características distintas, o que se traduce en que van a requerir de necesidades adaptadas. Non se debe alimentar un can con comida de gato e viceversa.
  • Idade: os cachorros non teñen as mesmas necesidades que un animal adulto, polo que ambos deberían tomar alimentación diferente e axeitada á súa idade. Os cachorros teñen unha maior demanda enerxética que os adultos, e estes tenden a transformar o exceso de calorías en depósitos de graxa. En cachorros é moi importante darlle un dieta de alta calidade para asegurar un crecemento óptimo e previr alteracións no seu desenvolvemento.
  • Raza: as razas pequenas teñen un ritmo de crecemento maior, alcanzan antes a idade adulta que as razas de maior tamaño. Outra diferencia é que as razas toy teñen un metabolismo mayor, polo que necesitan un dieta máis proteica e con máis enerxía.
  • Estado fisiolóxico: as femias xestantes ou lactantes necesitan aportes con máis enerxía; para os xeriátricos é preferible unha dieta máis palatable e apetitosa; os animais enfermos deberían recibir nutrición específica par a súa patoloxía e que lle axude a unha pronta recuperación e, no caso das mascotas con tendencia á obesidade, habería que plantexarlles un alimento que lles permita baixada de peso.
  • Sensibilidade dixestiva: trátase dun trastorno (pode ser adquirido ou xenético) que afecta á capacidade do sistema dixestivo para absorber e/ou dixerir nutrintes. Este trastorno ten que ser diagnosticado por un veterinario para que a continuación establezca as pautas para tratala.

OBXECTIVOS PRINCIPAIS

Os obxetivos principias da nutrición son:

  • Aportar a enerxía suficiente para mediante a incorporación de graxas e azúcares.
  • Manter a base de vitaminas, minerais, etc.
  • Previr e tratar enfermidades concretas (enfermidade renal ou hepática, diabetes, artrose…).

CONSECUENCIAS DUN MAL APORTE NUTRICIONAL

Entre as consecuencias e efectos negativos dun mal aporte nutricional atopamos:

  • Maior predisposición a enfermidades.
  • Alteracións na consistencia das feces (diarrea ou estreñemento).
  • Déficits de vitaminas e aminoácidos.
  • Sobrepeso ou caquexia por unha nutrición desequilibrada.

CONCLUSIÓN

Con todo isto podemos sacar en conclusión que unha boa alimentación en función da idade, raza e estado fisiolóxico repercute positivamente na saúde e benestar da nosa mascota. Así mismo, aumenta a lonxevidade e calidade de vida.

AddThis Social Bookmark Button