A importancia de vacinar os gatos

Clínica veterinaria A Media Lúa: A importancia de vacinar os gatos


As vacinas seguen sendo o método máis eficaz para a prevención de enfermidades en gatos. A continuación detallaremos todo o que implica a vacinación nestas mascotas.

De rutina sempre se asumiu que nos cans era necesario e obligatorio vacinalos, en cambio os gatos eran o colectivo «olvidado» ou ben polo seu orixe salvaxe (que se creía que podían facer fronte a todo tipo de problemas relacionados coa saúde), ou porque teñen fama de ter sete vidas e non era preciso poñerlle vacinas.

Actualmente os gatos convertíronse nun dos tipos de mascotas máis frecuente, polo que os seus donos están concienciados do importante que é un bo programa preventivo para asegurar un bo estado de saúde. Neste punto xogan un papel fundamental as vacinas.


QUE SON AS VACINAS?

As vacinas son un producto que conteñen microorganismos mortos ou modificados que teñen distintas vías de administración (subcutánea, intranasal,etc). A súa función é estimular o sistema inmunitario dos gatiños para que este sexa capaz de producir anticorpos conta determinadas enfermidades.


CALES SON AS ENFERMIDADES CONTRA AS QUE SE DEBEN VACINAR OS GATOS?

  • Rinotraqueítis (Herpesvirus e Calcivirus)
  • Panleucopenia (Parvorius)
  • Leucemia (Retrovirus)
  • Peritonite infecciosa (Coronavirus)
  • Rabia (Rhabdovirus)

CANDO DEBEMOS COMEZAR COA PAUTA VACUNAL?

A pauta vacunal debe ser recomendada por cada veterinario posto que non existe un protocolo universal, senón que dependen do paciente (gatiño cachorro, adulto, gato con historial descoñecido, etc) e de cada caso en concreto. En xeral, recoméndase iniciar coas vacinas entre as 8-9 semanas de idade dos gatiños. O modelo a seguir para gatos cachorros sería:

  • A primeira vacina é a Trivalente felina (Panleucopenia, Calcivirosis e Rinotraqueítis).
  • A segunda vacina debe administrarse entre 3 e 4 semanas despois, que sería un reforzo da anterior. Pódese poñer a maiores a vacina da Leucemia. Esta tamén debe ser revacinada ás 3-4 semanas.

No caso de gatos adultos, as vacinas soen ser anuais (revacinar unha vez ó ano), pero o ideal é que cada veterinario decida según o caso, historia, vacinas previas, exploración, etc cómo seguir co plan vacunal.


CALES SON OS EFECTOS SECUNDARIOS DAS VACINAS?

Como en calquera outro caso, humano ou canino, na especie felina tamén se poden dar reaccións despois de vacinar. Os casos máis comúns soen ser inflamación no punto de inxección causándolle leves molestias, algo de decaemento e anorexia. Os signos soen aparecer nas primeiras 24horas post-vacina e a miúdo resólvense sen necesidade de tratamento. Se pola contra, perduran, hai que acudir ó veterinario.


ESTÁ ACONSELLADO VACINAR A GATOS INDOOR?

A pesar de que as nosas mascotas felinas non salgan da casa, nós mesmos saimos e entramos constantemente, poñéndonos en contacto con todo de tipo de microorganismos do exterior o que implica que expoñamos ó noso gatiño.

Hai que ter en conta que os xérmenes que causan moitas patoloxías en gatos poden ser transportados no noso calzado, roupa e mans, polo que é un erro pensar que non é necesario vacinar a gatos que nunca saen ó exterior. Este risco diminúe si o gato está correctamente vacinado.


A PESAR DE ESTAR VACINADOS, OS GATOS PODEN ENFERMAR?

As vacinas son un método preventivo pero non curativo. Ainda que o noso gato esté correctamente vacinado e reforcemos as vacinas anualmente, existen outros factores de risco que os expoñen a contraer ou sufrir diversas enfermidades (pneumonía, insuficiencia renal ou cardíaca, pancreatite e hipertiroidismo, entre outras).


EN QUÉ CASO SE DESACONSELLAN AS VACINAS NOS GATOS?

  • Sospeita de algunha enfermidade
  • Preñez ou amamantamento
  • Reaccións fortes en vacinas anteriores
  • Contacto recente con gatos enfermos
  • Tratamento sen prescrición veterinaria
AddThis Social Bookmark Button