Problemas nas glándulas perianais
de cans e gatos

Clínica veterinaria A Media Lúa: Problemas nas glándulas perianais de cans e gatos


Tanto cans como gatos teñen sacos anais que, á súa vez, conteñen as glándulas perianais. Sitúanse a ambos lados do ano e a súa función principal é a de secretar unha sustancia lubricante que axuda á defecación. Neste artigo repasamos os seus aspectos máis importantes, xa que son un motivo de consulta frecuente na clínica veterinaria.


Función

  • Axudan ó vaciado das feces gracias á substancia que expulsan.
  • Marcaxe de territorio.
  • Recoñecemento entre individuos da mesma especie.

Signos que indican inflamación ou infección das glándulas

  • Malestar xeral e molestias na zona perianal (prurito).
  • Lamido esaxerado.
  • Molestias para durmir.
  • Arrastre da tercio posterior para alviar a irritación.
  • Abcesos na zona anal e inflamación.
  • Mal olor na zona.

Causas máis frecuentes

  • Alteración na consistencia das feces, tanto por diarrea como por estreñemento.
  • Vaciado ineficiente das glándulas por parte do propio animal.
  • Problemas relacionados con alerxias alimentarias.

Complicacións

Se os problemas das glándulas perianais son recurrentes e cada vez se producen con máis frecuencia, sempre hai risco de que aparezan algunhas complicacións como abcesos, fístulas, impactación, ulceración e dermatitis asociada, etc.


Tratamento

De forma normal as glándulas perianais vacíanse soas, o problema aparece cando comezan con algunha da sintomatoloxía anterior. Se isto ocorre, e ante calquera dúbida, a mellor opción sería levar a mascota á consulta veterinaria para ver si é suficiente con facer un vaciado manual ou se precisa algo máis.

Se o líquido está infectado, en moitas ocasións necesita de antibiótico oral. De igual forma, hai que valorar se necesita algo de antiinflamatorio polas posibles molestias.

No caso de fístulas perianais, sempre é necesario o tratamento tópico a base de curas e pomadas e ir valorando a evolución.

A nivel perianal tamén poden aparecer neoplasias (benignas ou malignas), e nesa situación a opción é sempre cirurxía, analizando a masa por histopatoloxía (biopsia).

AddThis Social Bookmark Button