A oncoloxía en mascotas
Nos últimos anos, a oncoloxía convertiuse nunha das ramas da clínica veterinaria máis relevantes. Isto é debido a varios factores, entre os que se atopa o avance científico nesta disciplina, que permite diagnosticar e tratar o cáncer das nosas mascotas. De seguido, faremos un resumo dos aspectos máis importantes a coñecer sobre a oncoloxía veterinaria.
POR QUÉ CADA VEZ HAI MÁIS MASCOTAS CON CÁNCER?
A medicina preventiva, un mellor coidado santiario e unha boa alimentación contribúen a que tanto cans como gatos teñan unha mellor calidade de vida, e isto tradúcese nunha maior esperanza de vida.
O cáncer prodúcese con maior frecuencia en animais xeriátricos, e de ahí que na clínica vexamos máis pacientes oncolóxicos.
CÓMO E POR QUÉ SE PRODUCEN OS TUMORES?
Ó igual que en medicina humana, as causas son varias e interveñen moitos factores: xenéticos, raciais, alimentarios, ambientais, estado reproductor, idade, sexo, etc.
As neoplasias (tumores) aparecen como resultado dunha multiplicación anormal e esaxerada das células.
CÁLES SON AS PRINCIPAIS FORMAS DE DIAGNOSTICAR ESTE ENFERMIDADE?
En primeiro lugar, temos que facer unha recopilación de datos e historia previa da mascota que nos permita coñecer o estado actual de saúde do noso animal:
- Perda de peso progresiva.
- Vómitos e diarrea crónicos (tumores dixestivos).
- Anemia (neoplasias relacionadas coa médula ósea).
- Lesións e masas evidentes en pel e extremidades.
A continuación procédese a localizar e analizar a neoplasia atopada:
- Citoloxías: proba inicial.
- Biopsias: a histopatoloxía é a proba definitiva para diagnosticar tumores.
- Ecografías: permiten valorar tamaño e estructura de órganos internos (bazo, fígado, riñóns…).
- Radiografías: visualización de metástases macroscópicas.
- TAC/Resonancia: probas máis invasivas que detectan metástases microscópicas e extensións das lesións. Realízanse baixo anestesia xeral.
CÁLES SON OS TUMORES MÁIS FRECUENTES?
- Pel: son fácilmente detectables xa que soen ser masas que van aumentando de tamaño nun corto espacio de tempo. Non tódalas masas en pel teñen por qué ser indicativas de cáncer, hai que diferencialas de lipomas, abcesos ou procesos inflamatorios. (Mastocitomase histiocitomas).
- Mama: aparecen tanto en cadelas como en gatas a partir de media idade (8-9 anos), e varía según a raza, tamaño e estado reprodutivo (esterilizada ou enteira). Poden afectar a unha soa cadea mamaria ou ás dúas.
- Dixestivos: poden afectar a intestino, fígado, bazo e estómago (Linfoma dixestivo, hemanxiosarcoma).
- Urinarios: localízanse en vexiga, próstata e ril (carcinomas).
- Ósos: atópanse en ósos longos e con maior frecuencia en razas grandes (osteosarcoma).
- Sistema nervioso: teñen un diagnóstico máis complicado (Meninxioma).
EN QUÉ CONSISTE O TRATAMENTO DO CÁNCER NAS MASCOTAS?
Unha vez temos o diagnóstico de que a nosa mascota padece algún tipo de tumor, o seguinte paso é tratalo, e para iso hai varios pasos:
- Ciruxía: na maioría dos tumores a extirpación quirúrxica é o tratamento principal.
- Quimioterapia: consiste en aplicar fármacos que van a intentar frear o crecemento das células tumorais, permitindo que a enfermidade se estabilice. Esta medicación pode aplicarse vía intravenosa, oral ou ambas.
- Radioterapia: técnica coa que se aplica radiacións sobre as neoplasias para modificar o ADN das células e conseguir reducir o tamaño.
QUÉ IMPORTANCIA TEN A MEDICINA COMPARADA?
Tanto cans como gatos teñen os mesmos tumores que os humanos, o que implica que se usen cómo modelos de estudios para o tratamento do cáncer en persoas.
Os cans, en concreto, comparten moitas enfermidades con nós. Un exemplo son a displasia de cadeira, diabete ou linfoma.
Os tumores de ambas especies teñen en común varias características como a histopatoloxía, a xenética, a velocidade de crecemento dos tumores, a resposta a tratamentos, etc.
Cada vez máis se inclúen os cans en ensaios clínicos de cáncer, o que permite avaliar os tratamentos en base á súa eficacia e, polo tanto, extrapolar os resultados á medicina oncolóxica humana.