Que nos podemos atopar no estómago
dunha divertida labradora? O caso de Bimba

Clínica veterinaria A Media Lúa: Endoscopias


Bimba é unha labradora moi simpática á que o que máis lle gusta no mundo é comer e petiscar todo tipo de alimentos: pedras, herba, area, prendas de roupa… Unha mañá acercárona á clínica veterinaria A Media Lúa comentando que a notaban menos comedora e que incluso vomitara… Contámosvos a súa historia.

Os seus donos sospeitaban que comese o recheo de un nórdico, así que fixémoslle unha radiografía e este foi o resultado:


Clínica veterinaria A Media Lúa: Endoscopias


Despois de estabilizala e comprobar que ese contido gástrico non avanza cara o intestino, metemos a Bimba en quirófano para facerlle unha endoscopia e comprobar que é o que realmente esconde nese «peto máxico». Non sei vós, pero todo o equipo nos quedamos sorprendido co final:


Clínica veterinaria A Media Lúa: Endoscopias


Confiabamos ó 100% en que os donos de Bimba puidesen volver a utilizar o nórdico, pero non. É máis, terán unha misión a maiores: buscar onde pode estar!


Clínica veterinaria A Media Lúa: Endoscopias


Bimba recuperouse estupendamente deste procedemento, e terá que estar unha temporada a dieta e con vixilancia.

AddThis Social Bookmark Button