A pancreatite en cans:
o caso de Yaiza

Clínica veterinaria A Media Lúa: Pancreatite en cans


Na clínica veterinaria, os vómitos e diarreas son uns dos motivos máis frecuente de consulta. Estas alteracións poden ter distintas orixes como o estómago, o fígado, os riles e tamén o páncreas, entre outros. A continuación comentamos os aspectos máis importantes da pancreatite, que a veces non é doado de diagnosticar e que lle causa moito malestar ó noso can, e contámosvos o caso de Yaiza.


CAUSAS

  • Nutrición: dietas ricas en graxas favorecen a que se destrúan as células do páncreas.
  • Fármacos.
  • Metabólicas.
  • Vasculares e isquémicas.
  • Idade e predisposición racial.
  • Sobrepeso.

SÍNTOMAS

A pancreatite pode ser aguda ou crónica. Ambas comparten os signos clínicos: vómitos, diarrea, náuseas, dolor focalizado na zona do páncreas, pouco apetito, decaemento…


DIAGNÓSTICO

  • Exploración física: forte dor abdominal.
  • Analítica sanguínea: analízanse parámetros concretos e específicos que evalúan a función pancreática (Lipasa específica pancreática canina).
  • Probas de imaxe: radiografía e ecografía abdominal, non sempre son concluíntes pero si que é necesario facelas para completar o estudio diagnóstico.
  • Análise de feces para descartar parásitos, no que caso de que haxa diarreas crónicas.
  • Biopsia de páncreas: sería a técnica que nos daría un diagnóstico definitivo pero require de anestesia xeral.
  • O diagnóstico non sempre é doado. Isto é debido á inespecificidade dos signos e tamén a que a veces se require de tempo e de facer varias probas.

TRATAMENTO

O tratamento é sobre todo sintomático, axudándonos de dieta específica baixa en graxa e control de complicacións.

  • Fluidoterapia: para repoñer as perdas por vómitos e diarreas.
  • Analxésicos: trátase dunha patoloxía que causa moita dor, polo que é importante darlle fármacos para controlala.
  • Antibióticos: para previr sepsis.
  • Axuno: no caso de vómitos recurrentes.
  • Dieta específica: trátase dunha medida moi importante e básica no control da enfermidade. Hai piensos e comida húmida xa formulados para a pancreatite.

O CASO DE YAIZA

Un dos últimos casos que vimos na clínica veterinaria A Media Lúa con esta patoloxía foi o de Yaiza, unha cadeliña adorable de 13 anos de idade. O seu diagnóstico de pancreatite non foi doado.


Clínica veterinaria A Media Lúa: Pancreatite en cans


Yaiza visitábamos de cando en vez, por episodios esporádicos de vómitos e de cando en vez diarrea. Ó principio estabilizouse moi ben con medicación pero ó pouco recaiu cun cadro máis forte que implicaba apatía e anorexia. Dispuxémonos a facerlle probas:

  • Radiografías.
  • Ecografia abdominal.
  • Analitica sanguínea completa.

Unimos todos os resultados das probas e a súa historia clínica e concluímos que Yaiza tiña unha pancreatite, o seu era un caso crónico polo que rapidamente, con medicación e dieta conseguimos estabilizala.

Durante varios días estivo hospitalizada na clínica para poñerlle medicación inxectable pero unha vez que Yaiza recuperou o ánimo e o apetito, xa se encargou a súa familia de darlle o tratamento na casa.


Clínica veterinaria A Media Lúa: Pancreatite en cans


O caso de Yaiza, é un exemplo de que ainda que a pancretatite non ten cura como tal, ela convive felizmente co seu novo pienso e con restricción de comida caseira (á que antes estaba acostumada a comer).

AddThis Social Bookmark Button