Por que comen herbas os cans?

Clínica veterinaria A Media Lúa: Por que comen herbas os cans?


Desde sempre se pensou que era unha conducta habitual que os cans comesen herbas: neste artigo falamos sobre este hábito para aclarar si é normal ou non, e tamén si debemos preocuparnos.


HIPÓTESES

Existen varias teorías polas que os cans comen herbas:

  • Hábito evolutivo, xa que son descendentes dos lobos, polo que adoptan esta conducta de forma hereditaria. Os lobos inxerían materia vexetal porque aumenta as contraccións intestinais e arrastra os parásitos ó longo do intestino.
  • Desequilibrio nutricional, por falta ou descompensación dalgún nutrinte.
  • Conducta instintiva, xa que comen herbas para provocarse o vómito despois de comer algo que lles sente mal (dor de estómago).
  • A herba húmida transmítelle un sabor de frescor que lles gusta e lle alivia.

ASPECTOS A TER EN CONTA

A pesar de todas estas hipóteses, deberemos comezar a preocuparnos se o noso can come herba de forma habitual e incluso vomita. Se isto sucede hai que ter en conta varios apectos:

  • Pode haber algo patolóxico de base, como por exemplo gastrite ou acidez de estómago.
  • Dor de estómago, que empeora pola inxestión continúa de herba.
  • Hai certas herbas que poden ser tóxicas para os nosos cans, ou que eles teñan acceso a algunas que poden estar rociadas con pesticidas e outros productos químicos.
  • O pasto contaminado pode ser fonte de parásitos.

Clínica veterinaria A Media Lúa: Por que comen herbas os cans?


ACTUACIÓN DOS VETERINARIOS

Ante esta conducta, os veterinarios o primeiro que facemos é recopilar tódolos datos da historia do can. Polo xeral, intentamos descartar as causas patolóxicas máis comúns que implican procesos gástricos:

  • Inflamación.
  • Irritación.
  • Corpos estraños.
  • Déficit nutricional.
  • Intolerancias alimentarias.
  • Alteración mecánica nas dixestións como enlentecemento.

TRATAMENTO

O tratamento dependerá da gravidade do cadro:

  • Se son vómitos puntuais pero o can mantén apetito e non perde peso, daremos protectores gástricos para combater a acidez do estómago.
  • Se os vómitos se producen con máis frecuencia e a maiores perden apetito, hai que valorar medicación intravenosa.
  • En función da consistencia das feces, estaría indicado dar antibióticos, desparasitar internamente, flora intestinal para combater a diarrea.
  • Se a pesar de todas estas indicacións temos sospeita de que poder haber asociada unha intolerancia alimentaria, habería que facer un cambio de dieta.

A pesar de que se trata dunha das conductas máis habituais, que os donos de cans vemos con frecuencia, hai poucos artículos científicos que falen acerca deste hábito indicando indicando os seus pros e contras.

AddThis Social Bookmark Button