As nosas mascotas favoritas:
Jagger

Clínica veterinaria A Media Lúa: As nosas mascotas favoritas


Jagger é un bulldog francés moi simpático e saleroso. Aínda que os individuos da súa especie non son os seus favoritos: o certo é que os humanos somos a súa debilidade. Convidámosvos a coñecelo...


Jagger é un dos nosos pacientes máis habituais, porque ten algún que outro problema crónico tanto de pel como gástrico. A maiores, visítanos con frecuencia para acudir ás súas sesións de rehabilitación. A pesar de que sempre lle cae algún pinchazo, aguanta o tipo como un campeón a cambio de un bo puñado de gominolas.

Algunha vez tamén tivo que estar hospitalizado pero, como xa nos coñece a tod@s, non lle importa pasar tempo con nós, sempre disposto a colaborar para que lle quitemos sangue, fagamos unha ecografía ou lle poñamos unha vía para medicalo.


Clínica veterinaria A Media Lúa: As nosas mascotas favoritas


Non podemos negar que sentimos debilidade por este pequerrecho: é imposible resistirse ós seus encantos! E se queredes ver máis fotos e rir un montón con el, non deixedes de visitar o seu perfil de Instagram (@littlem.jagger).

AddThis Social Bookmark Button